🌿 Este verano, aprende, vive y disfruta.
Hazte monitor/a de tiempo libre con una experiencia inolvidable entre naturaleza, formación y nuevas amistades.
Información
Inscripción
Paso a Paso Formación
DESCRICIÓN DO CURSO
O obxectivo deste curso é formar aos alumnos para realizar actividades socioculturais e recreativas, de especial interese para a infancia e a mocidade, tanto no medio urbano como na natureza.
O presente curso de monitor impártese en modalidade combinada de presencial e en liña no noso centro situado na rúa Montero RÃos nº 86, de Lugo e na nosa finca situada en pleno entorno natural, a tan só 6 km de Lugo, ao pé do Pazo do Pombal.
Unha vez formalizada a matrÃcula, o coordinador do curso poñerase en contacto co alumno/a para confirmar a matrÃcula, data de inicio e horario do curso.
O dÃa de inicio do curso entregaráselle ao alumno o material necesario para o seguimento das sesións presenciais e informaráselle sobre as diferentes actividades formativas EN LIÑA e de avaliación.
Nas sesións presenciais o docente combinará explicacións teóricas con casos prácticos, traballo en equipo e exposicións con canón e portátil como elementos de apoio das exposicións.
Ao finalizar o curso emitirase o certificado acreditativo de formación para os participantes que o superasen satisfactoriamente.
Curso intensivo
Actualmente está aberta a nosa matrÃcula para este curso intensivo de monitor que realizaremos este verán en dúas quendas:
- Do 28 de xuño ao 8 de xullo
- Do 11 de xullo ao 21.
Elixe o que máis se adapte ás túas necesidades!.
Durante estes perÃodos, o curso realizarase nas nosas instalacións situadas no Pazo do Pombal con manutención e pernocta incluÃda en réxime campamental, polo que poderás gozar dunha experiencia única mentres te formas para traballar nun sector como o ocio e o tempo libre, que actualmente ofrece multitude de saÃdas laborais cunha gran taxa de ocupación.
Desconto do 20 % se te matriculas cun amigo
O prezo deste curso será de 410 €, e se te matriculas cun amigo, poderás acollerte á nosa oferta para pagar só 390 € por todo o curso.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición, polo que vos animamos a que o fagades canto antes para que non vos quededes sen a vosa praza.
Obxectivos
O tÃtulo de monitor/a de tempo libre capacita ao alumno para deseñar, programar, poñer en práctica e avaliar actividades para o tempo libre e sociocultural, orientadas á atención tanto da infancia, da mocidade, como das persoas maiores ou con necesidades especiais.
Un monitor/a de tempo libre pode traballar en:
- Centros socioculturais.
- Asociacións xuvenÃs.
- Campamentos de verán ou urbanos.
- En colexios e en actividades extraescolares.
- En escolas infantÃs, garderÃas ou puntos de atención á infancia.
- En empresas de lecer e tempo libre, de animación ou turÃsticas.
- Centros socioculturais.
- Asociacións xuvenÃs.
- Campamentos de verán ou urbanos.
- En colexios e en actividades extraescolares.
- En escolas infantÃs, garderÃas ou puntos de atención á infancia.
- En empresas de lecer e tempo libre, de animación ou turÃsticas.
Información
Paso a Paso Formación Para darche un mellor servizo e evitar esperas innecesarias preferimos que contactes para concertar unha cita previa e poder organizar mellor as nosas consultas.