Cursos de monitor de tiempo libre

Paso a Paso Formación

DESCRICIÓN DO CURSO

O obxectivo deste curso é formar aos alumnos para realizar actividades socioculturais e recreativas, de especial interese para a infancia e a mocidade, tanto no medio urbano como na natureza.

O presente curso de monitor impártese en modalidade combinada de presencial e en liña no noso centro situado na rúa Montero Ríos nº 86, de Lugo e na nosa finca situada en pleno entorno natural, a tan só 6 km de Lugo, ao pé do Pazo do Pombal.

Unha vez formalizada a matrícula, o coordinador do curso poñerase en contacto co alumno/a para confirmar a matrícula, data de inicio e horario do curso.

O día de inicio do curso entregaráselle ao alumno o material necesario para o seguimento das sesións presenciais e informaráselle sobre as diferentes actividades formativas EN LIÑA e de avaliación.

Nas sesións presenciais o docente combinará explicacións teóricas con casos prácticos, traballo en equipo e exposicións con canón e portátil como elementos de apoio das exposicións.

Ao finalizar o curso emitirase o certificado acreditativo de formación para os participantes que o superasen satisfactoriamente.

Curso intensivo

Actualmente está aberta a nosa matrícula para este curso intensivo de monitor que realizaremos este verán en dúas quendas:

  • Do 28 de xuño ao 8 de xullo
  • Do 11 de xullo ao 21.

Elixe o que máis se adapte ás túas necesidades!.

Durante estes períodos, o curso realizarase nas nosas instalacións situadas no Pazo do Pombal con manutención e pernocta incluída en réxime campamental, polo que poderás gozar dunha experiencia única mentres te formas para traballar nun sector como o ocio e o tempo libre, que actualmente ofrece multitude de saídas laborais cunha gran taxa de ocupación.

Desconto do 20 % se te matriculas cun amigo

O prezo deste curso será de 410 €, e se te matriculas cun amigo, poderás acollerte á nosa oferta para pagar só 390 € por todo o curso.

As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición, polo que vos animamos a que o fagades canto antes para que non vos quededes sen a vosa praza.

Obxectivos

O título de monitor/a de tempo libre capacita ao alumno para deseñar, programar, poñer en práctica e avaliar actividades para o tempo libre e sociocultural, orientadas á atención tanto da infancia, da mocidade, como das persoas maiores ou con necesidades especiais.

Un monitor/a de tempo libre pode traballar en:

  • Centros socioculturais.
  • Asociacións xuvenís.
  • Campamentos de verán ou urbanos.
  • En colexios e en actividades extraescolares.
  • En escolas infantís, garderías ou puntos de atención á infancia.
  • En empresas de lecer e tempo libre, de animación ou turísticas.
  • Centros socioculturais.
  • Asociacións xuvenís.
  • Campamentos de verán ou urbanos.
  • En colexios e en actividades extraescolares.
  • En escolas infantís, garderías ou puntos de atención á infancia.
  • En empresas de lecer e tempo libre, de animación ou turísticas.

Información

Fecha de inicio
Xuño – Xullo 2024
Modalidad
Presencial / A distancia
Ubicación
Rúa Montero Ríos, 86, bajo. 27002 Lugo

Paso a Paso Formación Para darche un mellor servizo e evitar esperas innecesarias preferimos que contactes para concertar unha cita previa e poder organizar mellor as nosas consultas.

Desexas máis información sobre este curso?